“Busca a túa causa e dálle Efecto MIL” Fundación Atresmedia

Os vídeos presentados deberán estar vinculados a un dos temas propostos:

  • Acoso en redes sociais.
  • Adicción ás redes sociais.
  • Discursos de odio.
  • Fake news.
  • Perigos dos retos virales.

e deberán ser presentados en formato mov ou mp4, cunha duración máxima de 1 minuto, sen exceder 1 GB de tamaño e sempre axustándose ao formato requirido na rede ou redes sociais nas que o participante pretenda difundilo. Cada participante poderá presentar un único vídeo.

  • O prazo de presentación de candidaturas finaliza o día 28 de febreiro ás 23.59 horas.
  • Para a presentación dos vídeos, os/as participantes deberán rexistrarse na web, introducindo os seus datos (Nome, apelidos, DNI, data de nacemento, localidade, teléfono e correo electrónico) así como unha clave e un contrasinal.
  • O Xurado comunicará a candidatura gañadora no mes de xuño de 2023.

Dotación

O/a gañador/a do premio final recibirá un pack tecnolóxico (valorado en 3.000 €) así como a participación nunha experiencia Atresmedia.

Os/as finalistas, os creadores dos 10 vídeos seleccionados, terán tamén a oportunidade de formarse con expertos de Atresmedia no que poderán aprender técnicas de creatividade, de produción, márketing de contidos e de redes sociais.

Máis información en:

Web Efecto Mil | Bases da convocatoria | efectomil@fundacionatresmedia.org

#portovelloinforma

#correspondentesxuvenís

#informaciónxuvenil

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *