Que fai Europa por ti? LSD.

Sabías que a partir de agora podes denunciar calquera contido nocivo nas plataformas en liña que consideres que é desinformación?

Se estás confundido/a, deixame explicarche de que estou a falar.

A Lei de Servizo Dixitais da UE axúdache a facer fronte á desinformación. Isto significa que a partir de agora as plataformas en liña terán que ser por fin mais transparentes, pero sobre todo terán que render contas.

Imaxínate que estás a navegar por Internet. Atopas unha información que di que o teu mellor amigo foi acusado de maltrato animal, cando isto non é certo.

En lugar de deixar que esta desinformación invada Internet, e que o nome do teu amigo se compartíse con millóns de usuarios inxustamente, ti podes denuncialo como desinformación e un grupo de expertos revisarao e eliminarao.

Anímote a que leas mais sobre a Lei de Servizos Dixitais da UE e denuncies calquera desinformación que vexas nas plataformas en liña.

A túa opinión importa!

Para mais información visual prema no seguinte enlace: https://www.instagram.com/p/CrToSxKAyU4/

#redsij
#portovelloinforma
#informaciónxuvenil
#correspondentesxuvenis
#EYID23

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *