Axudas para a incorporación de mocidade á actividade agraria, plans de mellora e desenvolvemento de pequenas explotacións

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a orde de axudas da Consellería do Medio Rural para apoiar os investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas de agricultores novos e para o desenvolvemento de pequenas explotacións. 

A repartición do orzamento total de 38,8 millóns de euros farase da seguinte maneira: 20,5 millóns irán destinados a plans de mellora, 16,5 millóns investiranse na incorporación de mozas á actividade agraria e 1,8 millóns de euros focalizaranse na creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións. Así, no conxunto, o orzamento desta orde de axudas increméntase nun 3,5% con respecto ao da convocatoria anterior. Ademais, do mesmo xeito que na pasada convocatoria, resérvase un 10% do orzamento para as persoas solicitantes que estean incluídas no desenvolvemento dun proxecto de aldea modelo ou polígono agroforestal.
Esta orde de axudas solicítanse a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia e nela regúlanse os procedementos administrativos seguintes:
a) MR404A Axudas á incorporación de persoas mozas á actividade agraria.
b) MR405A Axudas para investimentos nas explotacións agrarias.
c) MR405B Axudas para o desenvolvemento de pequenas explotacións agrarias.

Máis información:

Enlace á orde no DOG: https://www.xunta.gal/dog/publicados/2023/20230126/AnuncioG0426-200123-4_gl.html

#correspondentesxuvenís

#portovelloinforma

#informaciónxuvenil

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *